lunes, 9 de mayo de 2011

AS MARCAS BRANCAS

-          Que é a OCU e a que se adica?

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) é unha asociación privada independente e sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos consumidores, traballar para axudarlles a resolver os seus problemas de cosumo e facer valer os seus dereitos fundamentales como consumidores.
Informar, asesoran e defender os dereitos dos consumidores dos consumidores son os obxectivos da OCU.
-          
         Cres que é un labor importante?

Desde o meu punto de vista o labor da OCU é imprescindible. Todos os consumidores necesitan ser defendidos en caso de estafa por parte do comerciantes. Ademais deben ser asesorados e informados para ter unha compra segura e rentable.
É imprescindible para os compradores ter asociacións como a OCU para protexer os nosos dereitos e facer unha compra xusta.
-           
     Que son as marcas brancas?

Unha marca braca é a marca pertencente a unha cadea de distribuidor coa que se venden produtos de distintos fabricantes. As marcas brancas son coñecidas por que o seu prezo non é excesivamente elevado e polo xeral posúen unha boa calidade. É dicir, teñen unha excelente relación calidade/prezo.
Os primeiros envases de estos artigos eran brancos, de aí procede o nome de marca branca.

O principal obxectivo das marcas brancas é conseguir unha fidelidade comercial para os artículos do establecemendo onde se venden. O desenvolvemento destas comezou en 1975.

A permisa do seu lanzamento era:
“ Igual de boas que as grandes marcas e máis baratas”

A causa desa diferencia no prezo con respecto as grandes marcas era que a marcas bracas non teñen gastos en publicidade.
-           
    Como e por que cambiou a súa importancia no carro da compra?

As marcas brancas trataban de captar ao comprador innovador que sinte que realizando esa compra fixo a mellor eleción, que non está pagando de máis por un artigo básico.
Os primeiros casos de marcas brancas déronse en produtos que se compraban con frecuencia: arroz, leite, pastas, legumes, cereais, etc. Despois expandíronse a outros produtos, como por exemplo os artigos de uso frecuente no fogar.
Estas marcas foron gañando popularidade ao longo do tempo, chegando a deixar atrás a grandes marcas.
Pouco a pouco as marcas brancas foron substituíndo as outra no carro da compra, debido a que a xente buscaba aforrar e estes produtos aportabanlle o mesmo que os doutras marcas publicitadas.

-          Como é a campaña de Danone e como se relaciona con todo o anterior?
Danone foi fundada en 1919 por Isaac Carasso , e ten a súa sede en París (Francia). É unha das maiores empresas de produtos lácteos, sobre todo o iogurt. En España ten unha central en Barcelona, e fábricas en Asturias, Valencia, Madrid, Sevilla e Tenerife. 
Ademais, Danone ten factorías de produción en todo o mundo.

(En azul todos os países onde ten factorías Danone)










Grandes empresas como Kellogg´s  están anunciando, nos últimos anos, que non fabrican produtos para outros establecementos. No caso de Danone xa o facía dende o pasado pero decidiu cambiar a política e deixar de facelo, apostando polas súas propias marcas. Aínda que Danone anuncia que non fabrica para outras marcas, deixa que unha terceira marca fabrique para ela.
 
Nos últimos meses Danone publicitou os seus produtos comparándoos coas marcar brancas. Danone pretende adaptarse ao mercado actual reducindo os prezos pero mantendo a calidade anterior, xa que están a sufrir as consecuencias da crise e as vendas dos seus produtos reducíronse.



                                                      Natalia Fernández Díaz