Christopher Paul Gardner, nacido o 9 de febreiro de 1954 en Milwaukee, Wisconsin, é un millonario emprendedor,conferencista motivacional e filántropo. Durante os anos 80, loitou a favor das persoas sen fogar en Estados Unidos ao mesmo tempo que críaba ao seu fillo Christopher.
A súa nai influenciouno positivamente para posteriormente lograr chegar a onde chegou, xa que era o seu único fillo posto que el só tiña irmás.
Actualmente, Gardner é pai de dous mozos: Christopher Jr. nacido en 1976 e Jacintha nacida en 1985.
A historia da súa trepidante vida, pasar de ser un pai sen casa ata chegar a ser multimillonario, está retratada nunha película estreada en 2006 en Estados Unidos, titulada: The Persuit of Hapyness (En busca de la felicidad).
Gardner é encarnado polo actor Will Smith. O guión da película é unha adaptación do libro de memorias de Gardner.
OPINIÓN PERSOAL DA PELÍCULA “EN BUSCA DE LA FELICIDAD”
A película “En busca de la felicidad” mostranos as dificultades que sufriu Christopher Gardner durante unha etapa da súa vida.
A historia sitúase en San Francisco, en 1981, Christopher gastou todos os aforros familiares en escáneres de densidade ósea, e dedicase a vender os mesmos. Aínda que nun principio creu que era un negocio moi retable co paso do tempo deuse de conta de que non tiña demasiadas posibilidades de subsistir grazas a súa venta. Este feito é o que provoca que Linda, a súa muller o abandone a el e ao seu fillo.
Para Chris é prácticamente imposible pagar todas as debedas que ten e decide loitar por un posto como Corredor de Bolsa en Dean Witter que lle ofrece un emprego despois de seis meses de prácticas non remunerado. A este posto optan outros 19 candidatos máis.
Durante este período Chris sofre continuamente pola súa precaria situación e sobre todo por non poder darlle ao seu fillo unha mellor vida. Tamén durante esta etapa de 6 meses Chris logra rematar de vender todos os escáneres de densidade ósea.
Cando a súa situación non podía empeorar máis vese obrigado a avandoar o lugar onde vivía. Ao mesmo tempo que traballaba e estudaba para o exame final para optar ao posto tiña que emcargarse de chegar a tempo para poder coller un posto no albergue no que durmía co seu fillo.
Despois de pasar satisfactoriamente o período de proba Chris consegue o traballo.
Desde o meu punto de vista esta película aporta unha seria perspectiva da vida que nos amosa as dificultades polas que moitas persoas teñen que pasar.
A frase da película que máis me chamou a atención da película foi “Nunca dejes que nadie te diga que no puedes hacer algo” “Si tienes un sueño tienes que protegerlo”. Isto díxollo Chris ao seu fillo cando este decidira deixar de practicar baloncesto.
Persoalmente esta película gustoume moito ademais de axudarme a ver determiandos valores da vida aos que non lle prestara atención previamente.
Natalia Fernández Díaz