Moitos dos grandes inventos que revolucionaron o mundo foron inventados nos séculos XIX, XX, XXI, pero si estes inventos revoulucionarios xa foron creados para que nós os disfrutásemos, que vamos facer nón para que a próxima xeración disfrute?
Esta pregunta é unha das grandes cuestión que se plantean na vida das xeracións máis novas. Desde o meu punto de vista creo que aínda quedan moitos aparellos interesantes que podemos crear, moitos camiños non explorados, moitas incógnitas...
Ademais de ter esas cousas que crear o máis importante e que temos que conservar correctamente o que xa creamos. Procurar que os recursos que estamos explotando non se extingan, como por exemplo o petróleo.
Dentro da economía que nos substenta nestes momentos pódese observar a chamada "obselescencia programada" que consiste en intentar limitar a vida util de determinados inventos que nun principio están creados para funcionar máis tempo. A función de dito feito e obrigar á xente a mercar novos produtos.
Co paso do tempo este suceso foi perdedo poder: deixou de facerse algo obrigatorio.
Agora os produtos son anunciados para que a xente sinta a necesidade de compralos pero en ningún momento obrigan a xente a compralos.
O mellor que podemos facer pola próxima xeración e intentar conservar no máximo do posible o mundo no que vivimos, intentando contaminar o menos posible .
No hay comentarios:
Publicar un comentario