martes, 28 de diciembre de 2010

“BUSCAR O MEU PROPIO QUEIXO”:


Desde un punto de vista obxectivo cando estas estudando tes que decidir que é o que queres facer despois de realizar eses estudos: traballar por conta allea, ser funcionario ou montar o teu  propio negocio.
É unha decisión que hai que tomar con unha total confianza de que estas a coller o camiño correcto dado que ese vai ser o teu futuro, o teu medio de subsistencia.
Eu penso que a opción que máis me convence é a de ser funcionario. A pesar de ter moitos inconvenientes as vantaxes son notablemente superiores os incovenientes.



* VANTAXES:

 -  Cóbrense as necesidades básicas do individuo.
 -  Percíbese un salario fixo con estabilidade.                                                        
 -  Beneficios en materia de excedencias, permisos e vacacións.
 -  Seguridade no emprego.
 -  Redución de carga emocional ao non ter que asumir riscos.
 -  Formación continuada.
 - A xornada intensiva facilita poder dedicar o resto do día a outras actividades e facilita a conciliación entre o traballo e a vida familiar.


É un erro moi frecuente intertar ver só a parte positiva dun traballo 




 * DESVANTAXES:

 -  Para acceder, tes que aprobar unha oposición que che esixen moita preparación.
 -  Falta de recoñecemento ao teu traballo.
 -  Non se fomenta a flexibilidade na tarefas
 -  Escasa marxe de manobra por parte do individuo.
 - Salarios menos competitivos respecto ao traballo por conta allea.
 -  Require dun esforzó importante para preparar as oposición.
 -  Mobilidade xeográfica.


Aínda que as persoas intenten ver so a parte positiva hai que reparar tamén na parte negativa e comparalas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario