domingo, 26 de diciembre de 2010

QUEN ME ROUBOU O QUEIXO

                
O libro " Quen me roubou o queixo?" cóntanos as dificultades que pasan diferentes personaxes para atopar o seu "queixo".
 
O "queixo" neste relato é tratado desde un punto de vista diferente ao habitual. O "queixo" son as metas, o traballo, a felicidade, os cartos... o "queixo" é a motivación de cada un dos personaxes para levantarse cada día. En cada personaxe do relato " Quen me roubou o queixo?"  o "queixo" é algo diferente, e cada personaxe  consigueo de diferentes formas.
Mentres dous personaxes aceptan os cambios e cando o "queixo" se move eles tamén se moven; os outros dous personaxes non preven os cambios, xa que os pillan por sorpresa e non se dan adaptado a eles, é dicir, o queixo móvese e eles quedan atrás pensando en cal foi o fallo.

A función deste  deste relato é principalmente ensinarnos como deberíamos actuar cando algo se complica na nosa vida. Cada persoa que lera ese relato tiña que ser capaz de coller algo que poida utilizar...
 
O relato " Quen me roubou o quiexo?" é un relato que pretende mostrar a forma de comportarse e de actuar das persoas e dos ratos.Os personaxes do libro de feito son dous ratos (Oli e Corri) e duas persoas  ( Kif e Kof).
Aos ratos preséntanolos como os que son capaces de avanzar despois de que algo lles fora mal, e as persoas preséntanolas como as que non se preocupan polo futuro, xa que pensan que o seu "queixo" está asegurado.
 
Desde o meu punto de vista é un relato moi interesante e didáctico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario