sábado, 25 de diciembre de 2010

E TI…. QUE OPINAS?


*O MELLOR TRABALLO PARA O MEU FILLO :


Os puntos de vista obxectivos e subxectivos levan a diferentes conclusións. Cando eu teña que aconsellar ao meu fillo probablemente escolla o punto de vista subxectivo.

Aconsellaríalle que montase a súa propia empresa, xa que terá moitos inconvenientes pero tamén ten moitas vantaxes, entre as cales lle podería destacar que el é o seu propio xefe e non ten que rendirlle contas a nadie. Ademáis creando a súa propia empresa el ou ela podería despertar o seu espírito emprendedor e de superación. Aprendería a ser o líder dun grupo, porque aínda que resulte moi sinxelo no fondo é moi difícil.
Todos os días podería levantarse e fixar unhas metas profesionais e persoais, podería ir superándose pouco a pouco. Todos os días serían un reto.
Aínda que tivese a posibilidade de fracasar no intento o que conta e que o intentou e se esforzou por cumplir a súa meta. Tamén resulta difícil encargarse da dirección dunha empresa dado que esixe moito tempo e esforzó, pero o que algo quere algo lle custa, e axudaríalle a darse conta de que subsistir é difícil.


                                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario