Randolph Frederik Pausch (23 de octubre de 1960/ 25 de julio de 2008) foi un profesor de enxeñería informática, de interacción home-máquina e de deseño na Universidade Carnegie Mellon (CMU) en Pittsburgh, Pensilvania e Estados Unidos. Ademáis como autor tivo un elevado número de ventas nos seus libros , conseguindo fama mundial polo seu traballo «The Last Lecture», titulado «Really Achieving Your Childhood Dreams».
En agosto de 2006, a Pausch diagnosticouselle un cancro de páncreas. Comezou un tratamento moi agresivo para o cancro que incluía cirurxía maior e quimioterapia experimental; porén, en agosto de 2007, dixéronlle que o cancro metastatizara o fígado e o brazo, o que significaba que era terminal. Entón comezou unha quimioterapia paliativa, intentando prolongar ó máximo a súa vida.
OPINIÓN PERSOAL SOBRE O VIDEO:
Desde o meu punto de vista a súa forma de pensar e de vivir os poucos meses de vida que lle quedan é admirable. Unha persoa que podía estar vivindo sumido nunha completa depresión e tristeza, colleu o camiño máis difícil, vivir feliz o pouco tempo que lle queda.
A conferencia que dá no video é un claro exemplo da forma de ser de Randy Pausch. Agradecendo a infancia feliz que tivo e sobre todo agradecendo a seus pais todo o que fixeron por el, Randy Paush demostra que é un modelo a seguir.
Desde un punto de vista obxectivo , pódese decir que un estado anímico como o de el axudaría moito a facer unha pronta recuperación, pero dado á gravidade da enfermidade non puido ser.
No hay comentarios:
Publicar un comentario