Esta historia relátanos os esforzos dun mestre en ensinarlle ao seu discípulo como a xente non logra superar pequenos obstáculos ou trabas o que lles impide ter unha mellor vida, e polo tanto viven na mediocridade. Durante toda a historia o mestre pretende facerlle ver ao seu alumno as diferentes formas de desfacerse desas trabas, é dicir, superar os obstáculos e así poder mellorar as súa calidade e condicións de vida.
O mestre e o alumno visitan diferentes lugares onde o mestre pretende ensinarlle ao discípulo unha lección.
Visitan unha casa moi pobre, na que curiosamente, había unha vaca fraca e mal alimentada, pero o caso e que a posuían e esa era a súa única fonte de alimentación e de prestixio ante os demais veciños que eran igual de pobres pero que non tiñan ningunha vaca. Pasaron un día completo coa familia e ao día seguinte cando se ían o mestre matou cruelmente a vaca da familia. O discípulo sorprendeuse moito da acción do seu mestre e preguntoulle o motivo. O mestre no lle quixo responder. Pasado un tempo volveron a esa casa pobre pero no seu lugar atoparon unha fermosa casa. O discípulo pensou que a familia tivera que mudarse, pero a súa gran sorpresa foi cando aquela familia pobre abriu a porta daquela grande e fermosa casa. Aquela vaca era o que lles impedía mellorar e intentar ampliar a súa calidade de vida. Foi entón cando o discípulo comprendeu o motivo do asasinato cometido polo seu mestre.
QUE É UNHA VACA?
As vacas son todas as escusas, pretextos,obstáculos,xustificacións,falsas crenzas; simboliza todo o que te mantén atado a unha vida mediocre. En xeral, as vacas son todas as ideas que te debilitan ou que che dean unha saída para eludir a responsabilidade por algo que sabes que debes facer. Moitas destas vacas, pouco a pouco, róubanche a vida ou as ganas de vivir.
ENSINANZA DESTE RELATO:
Este relato trata de facernos ver que a mellor forma de progresar na vida e ter así unha mellor vida é desfacerse desas vacas que acumulamos desde pequenos. Desta forma poderemos vivir unha vida moito máis feliz, sincera.
Convérteste nunha persoa “triunfadora” e “arquitecto do teu propio destino”, estas expresión foron as que máis chamaron a miña atención deste relato. A expresión máis profunda, desde o meu punto de vista é: “ Invítote a que aceptes o reto de vivir unha vida libre de vacas, unha vida onde todo soño é posible e os únicos límites son aqueles que ti mesmo impoñas”.
EXEMPLOS DE VACAS:
“Xustificacións da mediocridade”:
- - Máis vale pouco que nada. (Exemplo propio)
- - Eu estou ben… hai outros en peores circunstancias. (Exemplo extraído do texto)
“A culpa non é miña”:
- O bacharelato é moi difícil así que suspender é normal. (Exemplo propio)
- - Así era miña nai, o meu é xenético. (Exemplo extraído do texto)
“Falsas crenzas”:
- A felicidade non se basea en gañar moitos ou poucos cartos.(Exemplo propio)
- - Canto máis ten un, máis escravo é do que ten. (Exemplo extraído do texto)
“Escusar o inescusable”:
- - Como me gusta facer as cousas ben, non empezo algo que sei que non podo facer.(Exemplo propio)
- - E que non me queda nin un minuto libre. (Exemplo extraído do texto)
“Impotencia”:
- Moi poucas persoas logran entrar na facultade de Medicina, polo tanto eu non podo.(Exemplo propio)
- E que o éxito non é para todo o mundo. (Exemplo extraído do texto)
- A sorte de cada quen depende do destino. (Exemplo propio)
- Se Deus quere que triúnfe, el mostrarame o camiño. Hai que esperar con paciencia. (Exemplo extraído do texto)
“Autoengano”:
- Podo deixar de lado o móbil cando quiera. (Exemplo propio)
- Non é que me guste deixar todo para o último minuto, o que ocorre e que eu traballo mellor baixo presión. (Exemplo extraído do texto)
OPINIÓN PERSOAL:
Desde o meu punto de vista este é un relato moi interesante, xa que me fixo recapacitar e pensar en como resolver todos as vacas que tiña na miña vida. A maioría delas conseguín eliminalas, pero supoño que sempre haberá algunha da que non consiga desfacerme.
De todas forma este curto relato móstranos as diferentes escusas que poñemos case sen darnos de conta. Mentiras que a simple viste non parecen ter a maior transcendencia pero que co tempo van facéndose máis e máis grandes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario