O LIBRO DE "LA BUENA SUERTE"
RESUMO :
Este libro cóntanos a historia de dous amigos que se reencontran nun fermoso parque tras o trascurso de moitos anos, Víctor e David. Ao atoparse, ambos xa a piques de xubilarse, comezan a falar das súas vidas e das felicidades e desgrazas que tiveron.
David fórase da cidade na que vivía cando tiña 10 anos e dende aquela non se reunira co seu amigo da infancia Victor.
O motivo da sua marcha fora que a súa familia lle tocara a loteria e volvéranse ricos , pero despois disto a súa familia fora da mal en peor. David relatoulle a Victor como pasou de ser rico a non ter suficiente para comer, facéndolle ver a Victor que a boa sorte duraba moi pouco.
Victor en cambio que nun pasado era tan pobre ou máis que David, conseguira crear a súa propia empresa e prograsar económicamente, chegando a vivir unha vida cómoda, agradable e feliz.
Ao ver o estado de ánimo e pouca fé de David, Víctor decide contarlle unha historia para facerlle ver que a boa sorte depende dun mesmo.
A historia situase nun reino moi antigo. Merlín, o mago, convocara a todos os cabaleiros do reino no seu palacio para propoñerlles un desafío: atopar un trevo de catro follas que nacería no “Bosque Encantado” nun prazo de sete días.
Todos os cabaleiros fóronse pouco a pouco do palacio alegando que era unha misión imposible posto que o “Bosque Encantado” era moi extenso. Só dous deles se quedaron, Sid e Not.
Ambos decirdíronse a atopar o trevo de catro follas, posto que Merlín afirmara que a persoa capaz tería a sorte ilimitada e eterna.
Os dous cabaleiros encamiñáronse cara ó “Bosque Encantado”. Mentres que Not dedicou os día a contrastar onde se podía atopar o trevo de catro follas con todos os seres do bosque, Sid dedicouse a crear as circunstancias para que dito trevo nacese onde el quería e ao mesmo tempo axudaba aos que lle prestaban axuda.
Not foi perdendo a esperanza pouco a pouco ata rematar por crer que Merlín lles mentira. O sexto día, cando a bruxa do “Bosque Encantado” foi convencelo de que debía matar a Merlín para conseguir o trevo de catro follas, xa que este se atopaba nos xardíns do palacio, non dudou un momento e encamiñouse cara ó palacio.
Pero cando a bruxa foi convencer a Sid igual que fixera anteriormente con Not, este ignorouna por completo e seguíu a dedicarse a facer que o trevo nacese na terra que el preparara e coidara durante eses 6 días.
O séptimo día, é dicir, o día en que debía nacer o trevo, Not chegou ao palacio e deuse de conta de que a bruxa o enganara.
Mentras tanto unha manta de sementes douradas caeu sobre todo o reino, tamén sobre a terra que tanto coidara Sid, e entón comezaron a saír dela trevos de catro follas, non un senón moitos. Sid agradeceu ao “Señor do Destino”, que fora o que se encargara de repartir aquel manto de sementes. Pero entón este díxolle que el encargábase de repartilas por todo o reino pero debido a que ninguén amosaba ningún interese por preparar as circunstancias os trevos non nacían; encambio Sid preocuparase por amañar todo para conseguilo.
Unha vez rematada a hitoria de Víctor, David dáse conta de todos os erros que cometeu e decide seguir o consello do seu vello amigo.
A moralexa deste conto é que debemos crear as circunstancias para que cando chegue a boa sorte poidamos aprobeitala e ademáis conservala polo resto da nosa vida.
OPINIÓN PERSOAL :
O libro de “La Buena Suerte” trata sobre a forma máis simple de conseguir e conservar a boa sorte. Este libro demostra ca sorte é algo momentáneo, que pode ocorrer nos momentos menos esperados, pero que ao fin e ao cabo igual que aparece rápido, desaparece da mesma forma. En contraposición á chamada sorte está a boa sorte. A boa sorte constrúea canda quen, non debe ser deixada ao azar ou ao destino posto que así nunca chegará.
Desde o meu punto de vista é un libro moi didáctico, xa que nos ensina que nesta vida se non buscamos a boa sorte, ela soa non pode alcanzarnos.
Ao igual que David, un dos personaxes deste conto, moitos outro poden chegar a pensar que a vida non lles concedeu boa sorte e que non o poden remediar, pero iso é un gran erro do que se poderían dar conta se lesen este libro.
A miña opinión sobre o libro é que en xeral pódese dicir que é moi interesante, ademáis ensinanos que na vida hai que loitar para conseguir o que desexamos.
As citas máis interates, desde o meu punto de vista, do libro de “La Buena Suerte”:
“Mientras hay vida, hay esperanza.” ( Primera parte)
“Muchos son los que quieren tener Buena Suerte, pero pocos los que deciden ir a por ella.” ( Segunda parte, I )
“A los que sólo creen en el azar, crear circunstancias les resulta absurdo. A los que se dedican a crear circunstancias, el azar no les preocupa.” ( Segunda parte, VI )
“Desconfía del que te propone asuntos en los que se gana mucho de forma fácil y rápida. Desconfía del que te venda suerte.” ( Segunda parte, IX )
“Tú decidiste se la causa de tu buena suerte.” ( Segunda parte, X )
“El cuento de la Buena Suerte......nunca llega a tus manos por casualidad” ( El reencuentro)
«Que la inspiración llegue no depende de mí. Lo único que yo puedo hacer es ocuparme de que me encuentre trabajando.» ( Pablo Picasso )
«Un optimista ve la oportunidad en toda calamidad; un pesimista ve una calamidad en toda oportunidad.»( Winston Churchill )
Natalia Fernandez Díaz