“El circo de las mariposas” é unha curtametraxe que narra a historia dun home novo que carece de brazos e pernas, Will. Está ambientada nun pasado próximo (arredor de 1900). Will, que carece de brazos e pernas, traballa nun circo. Ese circo reflexa a Will como se fose un monstro; rinse del. Un día o xefe doutro circo (O circo das mariposas), Méndez, acude o seu espectáculo, e quédase admirado pola capacidade de superación de Will, pero este xa afeito a que o rexeiten ignora todo o que lle dice. Pouco despois dáse conta de quen era a persoa que lle falara e vai detrás del. O xefe do Circo das Mariposas, Méndez, acepta que Will os acompañe.
O Circo das Mariposas era un circo que aceptaba a xente tan e como era, non ser burlaba de ninguén e as súas actuación non consistían en mostrar ningún defecto senón en todo o contrario, en mostrar todas as súas virtudes.
OPINIÓN PERSOAL:
Desde o meu punto de vista esta curtametraxe pretende ensinarnos determinados valores da vida que ignoramos. “El Circo de la Mariposas” é un claro exemplo do compañeirismo e da axuda e respeto polos demáis.
Cada personaxe pretende darnos a ver unha forma de ser e de vivir a vida diferente. Mentres que algunas persoas se poden sentir coma Will, o rapaz coa minusvalía; outros poden sentirse coma Méndez, o xefe do circo que acepta a todas as persoas tal e como son. Outro personaxe que se pode destacar é un rapaz, que nunha das actuacións de Will no primeiro circo no que estivo, lle tira un tomate; ao final ese rapaz arrepíntese e pídelle perdón a Will.
Moita xente ataca ou critíca as persoas polo seu aspecto ou polos seus defectos. Cada persoa ten unha forma diferente de ser; burlarse e criticar eses aspectos é como estarse criticando a un mesmo.
Ás veces hai que aprender a ser coma Méndez, e poder ver o que os demáis non son capaces de ver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario