viernes, 17 de junio de 2011




En SMOL axúdanche a montar o teu propio negocio; a que será a túa propia tenda Yoigo de SMOL. Yoigo é o operador de telefonía móvil que máis medra, que é líder en captación de portabilidades e líder en calidade de servizo, e que en pouco tempo alcanzará 3 millóns de clientes.
Entre os apoios que recibirás de SMOL poderás disfrutar de:
  • Asesoramento no acondicionamento e equipamento do local.
  • Definición da imaxe corporativa da tienda.
  • Axuda na  búsqueda de fontes de financiación.
  • Proposta de accións comerciales constantes segundo as últimas tendencias do mercado.
  • Servicio de entregas e loxística óptimo.
  • Atención constante e personalizada.

O obxectivo de SMOL é conseguir que a túa tenda sexa rentable, polo que o máis importante eres tú. Para iso apoiarante con varias ferramentas que farán o traballo moito máis fácil:
  • Equipo de xestores de conta ao teu servicio.
  • Servicio de Category Management en función de rotaciones.
  • Análisis conxunto dos parámetros máis importantes que afectan ao negocio.
  • Soporte de trade-marketing (publicación mensual con ofertas específicas para a cadena SMOL,etc.).

O texto foi extraído de: http://www.franquiciadirecta.com/informaticaeinternet/yoigo-08135/


CUESTIÓNS:

  1. En que consiste o negocio que escolles?
Yoigo é unha empresa de telefonía móvil, o cuarto operador con 3G de España. O seu lanzamento produciuse en decembro de 2006, aínda que a compañía se creou en 2000.
En 2008 tiña un total de 760.000 clientes; en 2010 tiña 2.6 millóns. O número de clientes en Yoigo aunmenta consederablemente en pouco tempo, polo cal podemos dicir que é unha inversión segura e polo de agora rentable.

   
    2. Cal é a inversión mínima?

A inversión mínima requerida son 36.000€.
    
    3. Cales son os cobros que che fai o franquiciador?

Yoigo carece dalgún custo por royalties ou canon de publicidade.
    
     4. Que esixencias che pide o franquiciador?

As esixencias do franquiciador son:
  • Tamaño de local: Entre 20 y 40 m2 (máximo 60 m2) e 3 metros de fachada.
  • Número de habitantes: 15.000 habitantes (valorando poboacións de máis de 10.000 habitantes).
  • Duración do contrato: 5 anos.



                                                                                          Natalia Fernández Díaz

martes, 14 de junio de 2011

AS FRANQUICIAS

  1. Que é unha franquicia? Quen son o franquiciado e o franquiciador?

Unha franquicia é unha relación xurídica e comercial entre o propietario dunha marca comercial, marca de servizo, nome comercial ou símbolo publicitario e un individuo ou grupo que desexa utilizar esa identificación nun negocio. En resumo é un tipo de relación contractual entre dúas persoas xurídicas: o franquiciado e o franquiciador.
  • O franquiciado é toda aquela persoa física ou xurídica que, mediante certas condicións, obtén o dereito de comercializar e explotar produtos ou servizos baixo técnicas uniformes e esperimentadas con unha rentavilidade probada e con unha marca rexistrada.

  • O franquiciador é o propietario dunha marca comercial, marca de servizo, nome comercial ou símbolo publicitario que lle ofrece ao franquiciado o dereito de comercializar e explotar os seus produtos ou servizos. Mediante o contrato de franquicia o franquiciador cede ao franquiciado a licencia dunha marca así como os métodos para lévar a cabo o negocio a cambio dunha de prestación monetarias.

    2. Como funcionan?
A franquicia existiu durante moitos séculos, pero non chegou a fama ata a década de 1930 e 1950 en EEUU. As franquicias máis frecuentes eran as basadas na venta de alimentos ou establecementos de servizos.
Os orixes da franquicia en España remóntase a principios dos anos 60 cando empresas de orixe francés como Pingouin Esmeralda, Descamps ou Roldier instalaron as súas candenas de establecementos.
Dentro dunha franquicia podemos diferenciar varios elementos que cabe destacar. Por unha parte o “know-how” (saber hacer) no que o franquiciador cede ao franquiciado os métodos para facer funcionar o seu negocio a cambio dunha cuota periódica, o “royalty”.
A franquicia normalmente concédese por un período determinado e para un determinado territorio. Os acordos acostuman durar entre cinco e trita anos, coa posibilidade de cancelación ou remante anticipado mediante un preaviso. O incumprimento das cláusulas do contrato acostuma acarrear consecuencias graves para os franquiciados.


   
         3. Que vantaxes e desvantaxes ten para o franquiciado?

VANTAXES :
  • Ao asociarse con marcas coñecidas ou que ao menos teñen un mínimo prestixio, favorece ao franquiciado acotando o risco empresarial.

  • Os seus comercios posúen un maior valor agregado.

  • Unha das vantaxes máis favorables é o feito de que operan con marcas reconocidas.

  • Conseguen optimizar a inversión inicial.

  • Obteñen por parte do franquiciador capacitación e asesoramento constante.

  • Teñen un maior porder de compra.


DESVANTAXES :
  • Unha das grandes desvantaxes é a pérdida de independencia e creatividade.

  • Deben pagar unhas cuotas ao franquiciador polo feito de explotar o seu produto.

  • Son sometidos a controis por parte do franquiciador.

  • Debe compartir ganacias co franquiciador.

     



    4. Existen moitos tipos de   franquicias. Averigua en que consisten os seguintes tipos:
  • FRANQUICIA INDIVIDUAL:  
      
    Trátase do contrato máis típico dos franquiciadores. Este concédelle o dereito de explotar unha soa franquicia ao franquiciado, é dicir, o franquiciado explota un só local e carece da posibilidade de abrir máis. Acostuman ser as franquicias que mellor funcionan.



  • FRANQUICIA MAESTRA OU MÁSTER:  

    É un sistema que permita ao máster franquiciado a posibilidade de desenvolver e explotar o concepto de negocio dunha franquicia, nun país diferente ao de orixe desta. Este franquiciado será o responsable do desenvolvemento da marca en dito ligar. É o método máis utilizado para desenvolver unha franquicia a nivel internacional.



  • FRANQUICIA CÓRNER:

    Dáse cando un comerciante tradicional acepta destinar parte do seu local dunha forma exclusiva a unha determinada marca, baixo certas normas:
               1. Na zona destinada só deberá haber produtos coa imaxe e marca   en cuestión.
           2. Hai unha maior independencia e menor esixencia por parte do franquiciador.




  • FRANQUICIA DE PRODUTOS:  

    A empresa franquiciadora é a que frabrica os produtos e ademáis é propietaria da marca. Polo tanto, a marca que distribúe e a que a fabrica son a mesma.
  • FRANQUICIA DE SERVIZOS: 

    O franquiciador cede o dereito de utilizar e comercializar unha fórmula ou sistema orixinal de calquera tipo de servizo cun nome xa acreditado e que demostrou a súa eficacia a nivel de aceptación.







                                                                   Natalia Fernández Díaz

lunes, 13 de junio de 2011

O LIBRO DE "LA BUENA SUERTE"



RESUMO :


Este libro cóntanos a historia de dous amigos que se reencontran nun fermoso parque tras o trascurso de moitos anos, Víctor e David. Ao atoparse, ambos xa a piques de xubilarse, comezan a falar das súas vidas e das felicidades e desgrazas que tiveron.
David fórase da cidade na que vivía cando tiña 10 anos e dende aquela non se reunira co seu  amigo da infancia Victor. 
O motivo da sua marcha fora que a súa familia lle tocara a loteria e volvéranse ricos , pero despois disto a súa familia fora da mal en peor. David relatoulle a Victor como pasou de ser rico a non ter suficiente para comer, facéndolle ver a Victor que a boa sorte duraba moi pouco.
Victor en cambio que nun pasado era tan pobre ou máis que David, conseguira crear a súa propia empresa e prograsar económicamente, chegando a vivir unha vida cómoda, agradable e feliz.
Ao ver o estado de ánimo e pouca fé de David, Víctor decide contarlle unha historia para facerlle ver que a boa sorte depende dun mesmo.

A historia situase nun reino moi antigo. Merlín, o mago, convocara a todos os cabaleiros do reino no seu palacio para propoñerlles un desafío: atopar un trevo de catro follas que nacería no “Bosque Encantado” nun prazo de sete días.
Todos os cabaleiros fóronse pouco a pouco do palacio alegando que era unha misión imposible posto que o “Bosque Encantado” era moi extenso. Só dous deles se quedaron, Sid e Not.
Ambos decirdíronse a atopar o trevo de catro follas, posto que Merlín afirmara que a persoa capaz tería a sorte ilimitada e eterna.
Os dous cabaleiros encamiñáronse cara ó “Bosque Encantado”. Mentres que Not dedicou os día a contrastar onde se podía atopar o trevo de catro follas con todos os seres do bosque, Sid dedicouse a crear as circunstancias para que dito trevo nacese onde el quería e ao mesmo tempo axudaba aos que lle prestaban axuda.
Not foi perdendo a esperanza pouco a pouco ata rematar por crer que Merlín lles mentira. O sexto día, cando a bruxa do “Bosque Encantado” foi convencelo de que debía matar a Merlín para conseguir o trevo de catro follas, xa que este se atopaba nos xardíns do palacio, non dudou un momento e encamiñouse cara ó palacio.
Pero cando a bruxa foi convencer a Sid igual que fixera anteriormente con Not, este ignorouna por completo e seguíu a dedicarse a facer que o trevo nacese na terra que el preparara e coidara durante eses 6 días.
O séptimo día, é dicir, o día en que debía nacer o trevo, Not chegou ao palacio e deuse de conta de que a bruxa o enganara. 
Mentras tanto unha manta de sementes douradas caeu sobre todo o reino, tamén sobre a terra que tanto coidara Sid, e entón comezaron a saír dela trevos de catro follas, non un senón moitos. Sid agradeceu ao “Señor do Destino”, que fora o que se encargara de repartir aquel manto de sementes. Pero entón este díxolle que el encargábase de repartilas por todo o reino pero debido a que ninguén amosaba ningún interese por preparar as circunstancias os trevos non nacían; encambio Sid preocuparase por amañar todo para conseguilo.

Unha vez rematada a hitoria de Víctor, David dáse conta de todos os erros que cometeu e decide seguir o consello do seu vello amigo.

A moralexa deste conto é que debemos crear as circunstancias para que cando chegue a boa sorte poidamos aprobeitala e ademáis conservala polo resto da nosa vida.




OPINIÓN PERSOAL :

O libro de “La Buena Suerte” trata sobre a forma máis simple de conseguir e conservar a boa sorte. Este libro demostra ca sorte é algo momentáneo, que pode ocorrer nos momentos menos esperados, pero que ao fin e ao cabo igual que aparece rápido, desaparece da mesma forma. En contraposición á chamada sorte está a boa sorte. A boa sorte constrúea canda quen, non debe ser deixada ao azar ou ao destino posto que así nunca chegará.

Desde o meu punto de vista é un libro moi didáctico, xa que nos ensina que nesta vida se non buscamos a boa sorte, ela soa non pode alcanzarnos.
Ao igual que David, un dos personaxes deste conto, moitos outro poden chegar a pensar que a vida non lles concedeu boa sorte e que non o poden remediar, pero iso é un gran erro do que se poderían dar conta se lesen este libro.
A miña opinión sobre o libro é que en xeral pódese dicir que é moi interesante, ademáis ensinanos que na vida hai que loitar para conseguir o que desexamos.

As citas máis interates, desde o meu punto de vista, do libro de “La Buena Suerte”:

  • Mientras hay vida, hay esperanza.” ( Primera parte)
  • Muchos son los que quieren tener Buena Suerte, pero pocos los que deciden ir a por ella.” ( Segunda parte, I )
  • A los que sólo creen en el azar, crear circunstancias les resulta absurdo.  A los que se dedican a crear circunstancias, el azar no les preocupa.” ( Segunda parte, VI )
  • Desconfía del que te propone asuntos en los que se gana mucho de forma fácil y rápida. Desconfía del que te venda suerte.” ( Segunda parte, IX )
  • Tú decidiste se la causa de tu buena suerte.” ( Segunda parte, X )
  • El cuento de la Buena Suerte......nunca llega a tus manos por casualidad” ( El reencuentro)
  • «Que la inspiración llegue no depende de mí. Lo único que yo puedo hacer es ocuparme de que me encuentre trabajando ( Pablo Picasso )
  • «Un optimista ve la oportunidad en toda calamidad; un pesimista ve una calamidad en toda oportunidad( Winston Churchill )
                        
                                                                        Natalia Fernandez Díaz





lunes, 9 de mayo de 2011

AS MARCAS BRANCAS

-          Que é a OCU e a que se adica?

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) é unha asociación privada independente e sen ánimo de lucro que naceu en 1975 co obxectivo de promover e defender os intereses dos consumidores, traballar para axudarlles a resolver os seus problemas de cosumo e facer valer os seus dereitos fundamentales como consumidores.
Informar, asesoran e defender os dereitos dos consumidores dos consumidores son os obxectivos da OCU.
-          
         Cres que é un labor importante?

Desde o meu punto de vista o labor da OCU é imprescindible. Todos os consumidores necesitan ser defendidos en caso de estafa por parte do comerciantes. Ademais deben ser asesorados e informados para ter unha compra segura e rentable.
É imprescindible para os compradores ter asociacións como a OCU para protexer os nosos dereitos e facer unha compra xusta.
-           
     Que son as marcas brancas?

Unha marca braca é a marca pertencente a unha cadea de distribuidor coa que se venden produtos de distintos fabricantes. As marcas brancas son coñecidas por que o seu prezo non é excesivamente elevado e polo xeral posúen unha boa calidade. É dicir, teñen unha excelente relación calidade/prezo.
Os primeiros envases de estos artigos eran brancos, de aí procede o nome de marca branca.

O principal obxectivo das marcas brancas é conseguir unha fidelidade comercial para os artículos do establecemendo onde se venden. O desenvolvemento destas comezou en 1975.

A permisa do seu lanzamento era:
“ Igual de boas que as grandes marcas e máis baratas”

A causa desa diferencia no prezo con respecto as grandes marcas era que a marcas bracas non teñen gastos en publicidade.
-           
    Como e por que cambiou a súa importancia no carro da compra?

As marcas brancas trataban de captar ao comprador innovador que sinte que realizando esa compra fixo a mellor eleción, que non está pagando de máis por un artigo básico.
Os primeiros casos de marcas brancas déronse en produtos que se compraban con frecuencia: arroz, leite, pastas, legumes, cereais, etc. Despois expandíronse a outros produtos, como por exemplo os artigos de uso frecuente no fogar.
Estas marcas foron gañando popularidade ao longo do tempo, chegando a deixar atrás a grandes marcas.
Pouco a pouco as marcas brancas foron substituíndo as outra no carro da compra, debido a que a xente buscaba aforrar e estes produtos aportabanlle o mesmo que os doutras marcas publicitadas.

-          Como é a campaña de Danone e como se relaciona con todo o anterior?
Danone foi fundada en 1919 por Isaac Carasso , e ten a súa sede en París (Francia). É unha das maiores empresas de produtos lácteos, sobre todo o iogurt. En España ten unha central en Barcelona, e fábricas en Asturias, Valencia, Madrid, Sevilla e Tenerife. 
Ademais, Danone ten factorías de produción en todo o mundo.

(En azul todos os países onde ten factorías Danone)










Grandes empresas como Kellogg´s  están anunciando, nos últimos anos, que non fabrican produtos para outros establecementos. No caso de Danone xa o facía dende o pasado pero decidiu cambiar a política e deixar de facelo, apostando polas súas propias marcas. Aínda que Danone anuncia que non fabrica para outras marcas, deixa que unha terceira marca fabrique para ela.
 
Nos últimos meses Danone publicitou os seus produtos comparándoos coas marcar brancas. Danone pretende adaptarse ao mercado actual reducindo os prezos pero mantendo a calidade anterior, xa que están a sufrir as consecuencias da crise e as vendas dos seus produtos reducíronse.



                                                      Natalia Fernández Díaz

 

domingo, 3 de abril de 2011

LA SOLUCIÓN DE LA CRISIS

 Estas son una preguntas que he contestado después de leer un artículo en la revista "El Capital".
 
1. ¿Qué paralelismos pretenden establecer los autores del artículo entre la situación económica de España y estos jugadores?

En este artículo pretenden hacer asimilar a los españoles de forma más sencilla la crisis que estamos sufriendo, pero a la vez concienciarlos de que con esfuerzo y trabajo en equipo, podemos sacar el país arriba y terminar de una vez por todas con la famosa “crisis”.
En numerosas ocasiones, el artículo hace referencia a que los españoles tienden a creer en que el éxito inicial lo significa todo, pero,en realidad, no es así puesto que hay que aprender a asimilar los diferentes obstáculos que encuentres en tu camino. 



2. ¿Cuáles crees que son las ideas más importantes que aportan estos jugadores?

La idea más transcendente que nos da a ver en este artículo Rafael Nadal y Pau Gasol es que lo más importante es aprender de los errores y no centrarse solo en las victorias.
También dan una vital importancia al  hecho de con la tolerancia, la perseverancia y la paciencia logremos superar  obstáculos y podamos recuperarnos tras un fracaso sin dar todo por perdido a primera de cambio.
Poder ver desde una perspectiva diferente la vida y tener siempre presente el lugar al que nos dirigimos sin perder de vista nuetro rumbo para así encaminarnos a un futuro mejor es lo que este artículo de la revista "El capital" pretende resaltar como principal solución a todos los problemas que estamos sufriendo con la crisis empresarial.


domingo, 20 de marzo de 2011

O CONTO DA VACA

Esta historia relátanos os esforzos dun mestre en ensinarlle ao seu discípulo como a xente non logra superar pequenos obstáculos ou trabas o que lles impide ter unha mellor vida, e polo tanto viven na mediocridade. Durante toda a historia o mestre pretende facerlle ver ao seu alumno as diferentes formas de desfacerse desas trabas, é dicir, superar os obstáculos e así poder mellorar as súa calidade e condicións de vida.
O mestre e o alumno visitan diferentes lugares onde o mestre pretende ensinarlle ao discípulo unha lección.
Visitan unha casa moi pobre, na que curiosamente, había unha vaca fraca e mal alimentada, pero o caso e que a posuían e esa era a súa única fonte de alimentación e de prestixio ante os demais veciños que eran igual de pobres pero que non tiñan ningunha vaca. Pasaron un día completo coa familia e ao día seguinte cando se ían o mestre matou cruelmente a vaca da familia. O discípulo sorprendeuse moito da acción do seu mestre e preguntoulle o motivo. O mestre no lle quixo responder. Pasado un tempo volveron a esa casa pobre pero no seu lugar atoparon unha fermosa casa. O discípulo pensou que a familia tivera que mudarse, pero a súa gran sorpresa foi cando aquela familia pobre abriu a porta daquela grande e fermosa casa. Aquela vaca era o que lles impedía mellorar e intentar ampliar a súa calidade de vida. Foi entón cando o discípulo comprendeu o motivo do asasinato cometido polo seu mestre.


QUE É UNHA VACA?

As vacas son todas as escusas, pretextos,obstáculos,xustificacións,falsas crenzas; simboliza todo o que te mantén atado a unha vida mediocre. En xeral, as vacas son todas as ideas que te debilitan ou que che dean unha saída para eludir a responsabilidade por algo que sabes que debes facer. Moitas destas vacas, pouco a pouco, róubanche a vida ou as ganas de vivir.
 










ENSINANZA DESTE RELATO:

Este relato trata de facernos ver que a mellor forma de progresar na vida e ter así unha mellor vida é desfacerse desas vacas que acumulamos desde pequenos. Desta forma poderemos vivir unha vida moito máis feliz, sincera. 

Convérteste nunha persoa “triunfadora” e “arquitecto do teu propio destino”, estas expresión foron as que máis chamaron a miña atención deste relato.    A  expresión máis profunda, desde o meu punto de vista é: “ Invítote a que aceptes o reto de vivir unha vida libre de vacas, unha vida onde todo soño é posible e os únicos límites son aqueles que ti mesmo impoñas”.


EXEMPLOS DE VACAS:

“Xustificacións da mediocridade”:
-        -   Máis vale pouco que nada.  (Exemplo propio)
-    -   Eu estou ben… hai outros en peores circunstancias. (Exemplo extraído do texto)

“A culpa non é miña”:
         -  O bacharelato é moi difícil así que suspender é normal. (Exemplo propio)
-   -  Así era miña nai, o meu é xenético. (Exemplo extraído do texto)

“Falsas crenzas”:
        - A felicidade non se basea en gañar moitos ou poucos cartos.(Exemplo propio)
-   - Canto máis ten un, máis escravo é do que ten. (Exemplo extraído do texto)           

“Escusar o inescusable”:
-       -  Como me gusta facer as cousas ben, non empezo algo que sei que non podo facer.(Exemplo propio)
-    -  E que non me queda nin un minuto libre. (Exemplo extraído do texto)

“Impotencia”:
       -  Moi poucas persoas logran entrar na facultade de Medicina, polo tanto eu non podo.(Exemplo propio)
     -  E que o éxito non é para todo o mundo. (Exemplo extraído do texto)

“Filosofais”:
          -  A sorte de cada quen depende do destino.        (Exemplo propio)
     -  Se Deus quere que triúnfe, el mostrarame o camiño. Hai que esperar con paciencia. (Exemplo extraído do texto)

“Autoengano”:
        -  Podo deixar de lado o móbil cando quiera.        (Exemplo propio)
    -  Non é que me guste deixar todo para o último minuto, o que ocorre e que eu traballo mellor baixo presión. (Exemplo extraído do texto)



OPINIÓN PERSOAL:

Desde o meu punto de vista este é un relato moi interesante, xa que me fixo recapacitar e pensar en como resolver todos as vacas que tiña na miña vida. A maioría delas conseguín eliminalas, pero supoño que sempre haberá algunha da que non consiga desfacerme.
De todas forma este curto relato móstranos as diferentes escusas que poñemos case sen darnos de conta. Mentiras que a simple viste non parecen ter a maior transcendencia pero que co tempo van facéndose máis e máis grandes.